sábado, 20 de febrero de 2010

Fomentar que as galiñas poñan nos niños

  



Ultimamente estou a ter problemas coas pitas novas, estas non acuden ao galiñeiro a por os ovos. Entre paseo e paseo pola finca vou a procura de recunchos onde as devanditas depositan o seu prezado tesouro.
 Busca que te busca, atopeite o artigo que a continuación publico que coido que é de gran interese para dar solución a este problema.
 Espero que vos sexa útil.
 Introdución
 A presenza de ovos fora dos poñedoiros (no chan) conduce a redución da calidade do ovo incubable debido ao exceso de contaminación, a unha redución do potencial nos nacementos e na calidade dos pitiños. Polo tanto, si pretendésemos maximizar a produción de pitiños, é moi importante comprender as razóns polas cales as galiñas poñen os ovos fóra dos poñedoiros e que se pode facer para minimizalo. Este artigo aborda diferentes vías para minimizar a incidencia de ovos fóra dos niños, examinado métodos para promover que as galiñas poñan os ovos nos poñedoiros. A clave para minimizar a presenza de ovos fóra dos poñedoiros é a prevención temperá e o adestramento na recría.
 Recría
 Si pretendésemos reducir ou evitar a incidencia de ovos postos fóra dos niños, é crucial un adestramento adecuado das galiñas no uso dos poñedoiros. O adestramento pode comezar de forma temperá nas pitas, teremos que prover de perchas e plataformas no período de recría, co obxecto de axudar a que se adestren, e estimulando que as femias se afagan a saltar e aprendan a usar os poñedoiros (véxase figura 1). As perchas pódense colocar nos galiñeiros de recría desde os 28-42 días de idade, cun espazo de percha de 3cm/femia. As plataformas pódense usar como unha alternativa ou complemento ás perchas. O idóneo para este adestramento con perchas/plataformas é que sexan ou teñan o mesmo deseño e material que o que se usa no galiñeiros de posta.

 Produción
 Preparación do galiñeiro
É moi importante asegurarse de que todo o equipamento, incluíndo a ventilación, sistemas de alimentación e bebida, estean instalados e en funcionamento antes de que as galiñas se aloxen no galiñeiro.
 Adestramento das aves para a posta de ovos no poñedoiro.
Unha vez que o galiñeiro está completamente preparado, o adestramento das aves para a posta de ovos nos niños é a única forma e máis efectiva para previr a posta de ovos fóra dos niños. As femias comezarán a buscar os niños o redor dunha semana antes de que poñan o primeiro ovo. A apertura dos niños debe realizarse xusto antes de que poñan o primeiro ovo. Si se abrisen os poñedoiros demasiado pronto as femias perderán interese polos niños e escomenzarán a por ovos por todalas partes.
 Durante o período de posta, deberemos pasearse varias veces polos poñedoiros ao longo do día, de forma coidadosa. Poida que esta sexa a iniciativa máis eficaz que teremos para desalentar ás femias na posta de ovos no chan, e debe comezar en canto as aves estean aloxadas no galiñeiro. O que se pretende é identificar ás poliñas que están a tentar aniñar fóra dos poñedoiros. As galiñas tenden a buscar onde aniñar moi cedo pola mañá, así que darse un paseo polo galiñeiro a esta hora é fundamental para que non aparezan ovos no chan. Buscarán lugares de posta alternativos, atraéndolles as áreas escuras ou sombreadas, tales como paredes escuras ou sólidas, recunchos. As que tenten facer niños deben ser recollidas con delicadeza e colocadas nun poñedoiro baleiro. Molestar ás aves no momento que están a tentar pór os seus ovos, é a mellor maneira de desalentar para que deixen de usar eses sitios. Si o uso continuado destas áreas alternativas prosegue, pode ser necesario pechar a zona cuns valos ou redes de arame.
 Os ovos postos fóra dos niños deben ser recollidos frecuentemente, xa que o non recollelos fomentariamos que as galiñas sigan pondo nesas zonas. Xunto co adestramento das galiñas para que usen os poñedoiros, a recolección regular e rápida de calquera ovo fora do niño é unha ferramenta esencial para a redución de ovos postos fóra dos poñedoiros.
 Comida e bebida
 O horario de alimentación influirá na incidencia de ovos fora do poñedoiro. Para evitar a competencia entre alimentación e a posta de ovos, o idóneo é alimentar ás aves, preferentemente dentro dun período de 30 minutos despois de que se acenda a luz, ou pola contra seis horas despois de que se acenda a luz. Isto é especialmente importante para as poliñas máis novas, recentemente chegadas, xa que se sairán dos niños para satisfacer o seu apetito, pondo os ovos preto dos comedeiros (figura 3). Isto é difícil de rectificar unha vez o comportamento de posta chegou a ser establecido. Débese evitar alimentar en dúas veces, especialmente despois de que as galiñas comezaron a posta de ovos. Si necesítase dar unha maior cantidade de penso, débese facer nunha soa vez e non en dúas veces separadas.

 Manexo dos niños
 As galiñas deben aloxarse de acordo coa capacidade do equipamento e da dispoñibilidade de espazo de chan. A cantidade de galiñas por niño é esencial para minimizar a cantidade de ovos que se poñan fora do niño, un máximo de 5 galiñas/niño. Si excédense estas cantidades recomendadas, aumentará en gran medida a incidencia de ovos fora do niño, especialmente durante o inicio e o pico da produción. As perchas dos niños máis baixos non deberán exceder os 55cm de altura sobre a cama. A percha inferior deberá sobresaír polo menos 10cm máis da percha da segunda liña do niño.
 Os niños deben resultar atractivos para as galiñas novas e a limpeza dos mesmos é parte importante da devandita atracción, deberán ter as condicións óptimas con superficies sólidas e sas, e material de cama fresco, limpo e seco. Os niños susos desaniman ás galiñas e débense limpar.
 Os nidais deberán estar fixos e non moverse cada vez que as galiñas entren ou saian do galiñeiro. As perchas deberán estar en óptimas condicións e ser o suficientemente sólidas para aguantar o peso de varias aves á vez.
 É importante asegurarse de que non haxa correntes eléctricas que afecten os equipos (electricidade estática). A electricidade estática, particularmente nos poñedoiros de aceiro ou automáticos fomentará que as galiñas busquen sitios alternativos para aniñar.
 A temperatura/ventilación do galiñeiro inflúe moitísimo en que as galiñas utilicen os niños para pór os seus ovos. A ventilación deberá adaptarse para controlar a temperatura, sempre entre 18-24ºC. Si a temperatura do galiñeiro ou dos niños está por debaixo do recomendado, as aves evitarán usar os niños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario