Mostrando entradas con la etiqueta exposición. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exposición. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de abril de 2011

GALIÑA DE MOS.“FEIRA” O MERCADO DE PRODUTOS TRADICIONAIS GALEGOS MEDRA E OCUPA TODO O PASEO DE ALFONSO

DÚAS CHARLAS DE PRODUTORES E UN OBRADOIRO COLECTIVO DE CESTERÍA PARA FAMILIAS COMO NOVIDADE DESTE MES
A consolidación de FEIRA polo éxito de público e a demanda de produtores para instalarse en FEIRA, obrigou a organización a ampliar o espazo físico do mercado, reubicándose en toda a beirarúa do tramo do kiosko Alfonso ata o olivo emblema da cidade.
Para esta nova etapa, a organización vai a redimensionar as actividades paralelas coa programación de dúas charlas, realizadas por dous produtores e un obradoiro colectivo de cestería.
Nas charlas serán protagonistas Adelina Padín, alma mater de FINCA CON DA SANTA e Marcos Pichel de SOUTODEHERVILLE.
Adelina é pioneira da agricultura ecolóxica galega, e durante media hora nos falará das propiedades das prantas de horta como a capuchina, a caléndula, a borraja e a hortiga, moi comúns en calquera rincón verde da cidade, pero hoxe totalmente descoñecidas para nós.
Marcos Pichel, falará sobre a Galiña de Mos e do seu proxecto de recuperación desta raza autóctona galega, sempre baixo os criterios e regras da Asociación da avicultores “AVIMOS”, que tentan aportar o seu grao de area para que estas fermosas aves moi apreciada pola súa calidade traspasen fronteiras.
Repite este mes os ovos e pitos SOUTODEHERVILLE, produtores da galiña de Mos, unha raza autóctona galega moi aprecida pola súa calidade.
Ler máis…

miércoles, 9 de marzo de 2011

1ª participación das Galiñas de Mos na Feira de Artesáns de Vigo

O pasado día 06-03-11 fumos invitados polo CAT para participar na VII edición da Feira de Artesáns que se celebra tódolos meses no Paseo de Alfonso XII en Vigo. Acudimos ao evento cunha representación de animais do noso criadeiro que fixeron a ledicia de nenos e maiores abraiados polo fermosos e gran porte dos exemplares.
Nesta cita, que quixemos que fose especial, levamos connosco unha obra da pintora Nuria Vilanova a cal aceptou o reto de empregar como materia prima para a súa pintura ovo de Galiña de Mos. O resultado pódeno ver vostedes, pero durante a Feira, despertou a curiosidade do numeroso público.

jueves, 21 de octubre de 2010

EXPOLUGO 2010 - Monográfico da Galiña de Mos (II)

Do 2 ao 5 de outubro deste ano celebrouse en Lugo o IV CONCURSO-EXPOSICIÓN MONOGRAFICO DA GALIÑA DE MOS.
Como en anos anteriores fíxose no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, con motivo da celebración da feira EXPOLUGO 2010. Ao certame acudiron 25 criadores da raza que presentaron cada un entre tres e catro exemplares dunha boa calidade, especialmente na categoría de galiñas, onde as valoracións finais estiveron especialmente igualadas.
Os gañadores foron, na categoría de Galos:
1º premio-galo propiedade de Alejandro Collazo, de Mos, Pontevedra.
2º premio-galo propiedade de Filomena Varela, de Outeiro de Rei, Lugo.
3º premio – galo propiedade de Álvaro Rodríguez, de Mos, Pontevedra.
Na categoría de galiñas:
1º premio-galiña propiedade de Miguel Verde, de Mos, Pontevedra.
2º premio-galiña propiedade de Mariña Grille, de Val do Dubra, A Coruña.
3º premio-galiña propiedade de Sara González, de Xermade, Lugo.
Expolugo 2010

jueves, 30 de septiembre de 2010

EXPOLUGO 2010 - Monográfico da Galiña de Mos

Soutodeherville
EXPOLUGO 2010
Do 2 ao 5 de outubro celebrarase no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a IV CONCURSO-EXPOSICIÓN MONOGRAFICO DA GALIÑA DE MOS englobado na feira Expolugo 2010.

sábado, 12 de junio de 2010

1ª Exposición e Mercado da Galiña de Mos - Semana Verde 2010

Galo de Mos
O pasado día 9 de xuño desprazámonos a terras de Silleda con tres  dos nosos exemplares para participar na 1ª Exposición e Mercado da Galiña de Mos Semana Verde 2010 que se celebra con motivo da 33ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia.
Alí atopámonos con varios compañeiros, que tamén estaban entregando os seus exemplares para participar en dito evento, cos cales intercambiamos impresións sobre a labor que estamos a desenrolar na recuperación da nosa galiña.
Son moi gratificantes estes momentos xa que compartes experiencias con persoas que perseguen o teu mesmo obxectivo e como non, sempre acadas algunha nova aprendizaxe.
Amosámosvos algunhas imaxes da emprega dos animais e como poderedes observar aínda moitas das gaiolas están valeiras.
Máis imaxes en album.

viernes, 19 de marzo de 2010

Exposición de Galiñas de Mos en GANDAGRO 2010 (II)

Amosamos algunhas fotos dos premios acadados en Gandagro 2010.
O galo presentado polo noso criadeiro e a galiña de Alvaro Rodríguez obtiveron sendos terceiros postos.

jueves, 4 de marzo de 2010

Exposición de Galiñas de Mos en GANDAGRO 2010

Gandagro
Hoxe desprazamos ao recinto Feiral de Silleda, I SALÓN MONOGRÁFICO GANDEIRO E AGRÍCOLA, para participar no I CONCURSO – EXPOSICIÓN DA RAZA GALIÑA DE MOS – GANDAGRO 2010.
Amosaremos algunhas fotos dos  exemplares do noso criadeiro e dos do Sr Alvaro e Sr Alejandro.
Gandagro
Gandagro 2010
Soutodeherville
Soutodeherville

martes, 22 de diciembre de 2009

Exposición Galiñas de Mos 2009 (Pazo de Feiras e Congresos, Lugo)

No pasado mes de Outubro desprazamanos a terras lucenses con motivo da celebración da feira Expolugo, celebrouse do 2 ao 5 o III Concurso-Exposición monográfico da Galiña de Mos, no Pazo de Feiras e Congresos. Fumos acompañados do criador Don Álvaro Rodríguez Rodríguez e demais colegas. Os nosos exemplares foron adquiridos no criadeiro de Don Álvaro, experto criador. O seu traballo ten unha traxectoria de dez anos e un palmarés con varios premios obtidos cos seu exemplares.

Transportín
Transportín