jueves, 3 de diciembre de 2009

Sementes xerminadas

 Unha semente é un embrión dunha especie vexetal, é unha planta en miniatura e, polo tanto, contén toda a súa información xenética, pero, alén diso, tamén contén bastante enerxía almacenada para o seu desenvolvemento nas súas fases iniciais, ou sexa, enerxía para desenvolver as primeiras raices permitindo que a planta comece a absorber os nutrientes do solo. Polo tanto, na súa primeira fase, chamada de emerxencia de xerminación (dunha nova planta), a semente é auto-suficiente e non absorbe os nutrientes do solo. As sementes están vivas, pero ata que as circunstancias son axeitadas para garantir a xerminación, permanecen “latentes”, agardando condicións favorables. Polo cal o seu almacenamento debe ter unhas condicións idóneas para mantelas frescas, secas e que as permita respirar. Si a semente non atopa as condicións adecuadas para xerminar e pasa o tempo almacenada, terminará morrendo, e unha vez morta, xa non xerminará ainda que as condición sexan as axeitadas para xerminar. Por iso, as sementes vellas, de mala calidade xa non xerminarán. As sementes que soemos mercar, son sementes vellas e mortas, polo que as suas cualidades nutricionais están moi mermadas, carentes de vitaminas e aminoacidos , e pouco dixestivas. E moi recomendable que cando merquemos calquera semente para a alimentación dos nosos animais, estas sexan fesca, non mais dun periodo de oito meses dende o seu embasado. Para saber a calidad das sementes mercadas, faise unha proba de xerminación, que en función do tempo que tarden en xerminar e o número de sementes que xerminan, indicarannos a verdadeira calidad das mesmas.
¿Qué é o que pasa exactamente coas sementes xerminadas? ¿Por qué son tan interesantes para as aves?
As sementes almacenan no menor espazo posible a maior cantidade de enerxía posible. ¿Cómo? Pois comprimindo esa enerxía en forma de hidratos de carbono y lípidos. Coa xerminación e necesario desdobrar esos compoñentes en outros máis simples e mellor utilizables polo embrión da planta. Polo tanto, non absorbe nada da terra, sinon que se trasforma en compostos simples máis dixestivos e nutritivos, dando lugar a proteínas e glicosa (zúcres), cunha producción inxente de vitaminas no proceso. Así mesmo, nestas reacciones bioquímicas producense bacilos, enzimas e probióticos naturais, que benefician a dixestibilidade e protexen o sistema inmunolóxico das aves. Cando unha semente seca conten un 13% de proteína, trala xerminación, transfórmase e adquiere unha composición con un porcentaxe, nalguns casos superior ao dobre de proteínas. Estas proteínas son moito máis asimilables que as dunha semente seca, pois as complexas cadenas de proteínas se desdobran en aminoácidos esenciais (entre outros, a lisina). Así mesmo, son ricos en calcio, potasio, magnesio, ferro, selenio e zinc. A alimentación que nos lle damos as aves, pouco ten que ver coa que eles disfrutan na natureza.
¿Que comen as aves en estado natural?
 Pois en cada época comen de maneira distinta, o igual que nos. As aves só comen sementes maduras en época seca, que e cando non atopan outra cousa (con nos é o único que comen), e froitos ricos en auga e vitaminas. Na primaveira (reproducción), trala época de choivas, a sua alimentación basease precisamente en sementes xerminadas e gomos, e posteriormente, das sementes verdes e inmaduras. É certo que as sementes xerminadas (sobre todo, mal preparadas) como calquer outro alimento húmido, e proclive a ser atacado por fungos e bacterias patóxenas. Sobre todo e así, si o que en realidade servimos a nosas aves son sementes que no están vivas, sinon mortas, ou que por unha mala preparación, morreron na mesma xerminación. Estas sementes mortas, e ademáis húmidas, descompoñense enseguida e apodrecense, (detectanse enseguida, porque cheiran moi mal, a rancio), en tal caso, son colonizadas de inmediato por bacterias e fungos, e son garantía total de catástrofe. O uso de xerminados require un dominio riguroso da técnica (fácil), o uso das sementes frescas e de alta calidad e por suposto, servirlas e retirarlas en poco tempo (ainda que esto último non e necesario porque acaban con elas sobre a marcha).
Preparación de xerminados
Primeiramente temos que seleccionalas sementes, que sexan moy frescas y de máxima calidade. Esto comprobase precisamente coa xerminación, as sementes frescas xerminan deseguida e todas, as vellas tardan máis en xerminar e so xerminan algunas (as que ainda están vivas). El segundo lugar hai que facer unha mezcla adecuada das sementes. No meu caso, emprego 20 % millo, 40 % trigo e 40 % de avea, nun futuro vamos a experimentar con mezclas especias para pombas, son mezclas preparadas axeitadas para as necesidades dos animais.
 Metodo
Primeiramente lavamos cuidadosamente as sementes retirando as que floten. Estarán listas cando a auga saia totalmente limpa. O seguinte paso e poñelas a remollo nun balde de auga cubrindo a totalidade das sementes , así quedarán a remollo ata o día seguinte. O tempo mínimo que teremos que ter a mestura en auga ha de ser de doce horas. O día seguinte sacamoslas de auga para un escurridor, peneira ou cribón e lavamos novamente con auga corrente ata deixalas ben limpas. Unha vez lavadas, seguimos conservandoas no cribón, no meu caso, e deixámolas a escurrir ata o día seguinte onde xa observaremolos primeiros brotes. A partir deste momento xa poderiamos servirllas os nosos animais. O xerminado que non vamos a empregar, podemolo conservar na neveira ata varios días tempo durante o cal os brotes seguiran medrando, pero non tanto coma a temperatura ambiente.
¿Cando servilo xerminado?
Coido que debería de ser suministrado en epoca de posto, duas ou tres veces por seman. En galiñas chocas con pitos, a diario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario