jueves, 28 de enero de 2010

Galiñas de Mos en Fitur


Unha gran noticia para a nosa Galiña.

PONTEVEDRA/VIGO.(MORRAZO-TRIBUNA).-A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o presidente da Asociación Galega de Avicultores de Galos e Galiñas de Mos -Avimós-, Francisco José Monasterio Solveira, presentarán mañán ás 11.00 horas no stand de Turismo Rías Baixas en Fitur, as bondades do municipio entre as que a protagonista será a Galiña de Mos. A rexedora local e Francisco José Monasterio estarán acompañados por Lucía Molares, delegada da Xunta de Galicia en Vigo, e un criador mosense de Galos e Galiñas de Mos.

Segundo explica Arévalo, “o que pretendemos dende o Concello é promocionar este
producto que esperamos actúe a modo de fiestra que abra Mos ó mundo, de xeito
que, unha vez que se probe en Fitur, sexan moitas as persoas doutros lugares
que se interesen polo noso municipio ó identificalo como o lugar onde se cría e
produce a Galiña de Mos”. Para lograr dito obxectivo a presentación de mañán
pola mañá terá como colofón final unha degustación de cinco Galiñas de Mos
estofadas.
A presentación contará tamén coa proxección dun vídeo promocional sobre o
municipio de Mos e o seu patrimonio cultural, artístico, histórico, industrial
e social; así como sobre a Galiña de Mos, as súas cualidades, características,
modo de cría, alimentación e coidados que dan como resultado unha carne
saborosa e baixa en grasa e uns ovos grandes e de calidade.
Publicado por MORRAZO-TRIBUNA en jueves, enero 21, 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario