martes, 19 de enero de 2010

Pitos no invernadoiro

Este inverno criamos unha partida de pitos no noso invernadoiro, verdadeiramente non pensaba eu que puideran saír adiante xa que as noites eran moi frías e durante o día había que ter coidado polos bruscos cambios de temperatura xa estos pasaban nalgúns casos dos 30 º .
 Foi un éxito, unha pola limpeza que fixeron das malas herbas e dos vermes, e outra pola reportación de abono que fixeron a terra. Agora non, porque xa vamos a escomenzar coa produción de legumes e verduras, pero para o ano imos repetila experiencia.
 Preséntovolas con cinco meses, a espera de que un veterinario de AVIMOS pase polo criadeiro a facer unha selección morfolóxica dos exemplares, os aptos pasaran a formar parte do plan de cría.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario