sábado, 9 de enero de 2010

A nosa primeira incubadora

Polo mes de marzo do 2009,  unha vez adquiridos os primeiros exemplares da nosa fermosa Galiña de Mos, comenzamos a barallar hipótesis para poder montar unha incubarora, non por temas económicos,  sinon polo afán de que dito apararello funcionase. Mans a obra, axudados por David da Picoña ( instalación electrica e centralita ) e eu co sistema de volteo dos ovos, comezamos a fabricalo prototipo.
Unha vez montado o artiluxio, pedimoslle ovos a os veciños para facer as primeiras probas.  A nosa incubadora tería capacidade para 47 ovos , cal sería o resultado?.
Soutodeherville
Soutodeherville
Eiqui o tendes, foi todo un éxito. Dos 47 ovos foron nados 20 pitiños, 2 morreron detro do ovo e os restantes non estaban galados. Os pitos que temos agora mesmo no criadeiro tamén sairon da mesma incubadora.
Xa estamos traballando noutra con capacidade para 150 ovos, pero esta vez tamén contamos coa colaboración do meu irmán Manolo o cal a este tipo de artiluxios dallelo seu xeito.
Dentro duns días faremos unha pequena reportaxe dos pasos a seguir para a súa montaxe.
Soutodeherville
Soutodeherville

No hay comentarios:

Publicar un comentario